http://www.abc.es/local-galicia/20130517/abcp-viuva-vidal-bolano-converte-20130517.html
Cando as Academias, os poderes públicos, os media e a devandita "industria da cultura", todos a un tempo, trivializan a historia cultural do seu pobo, isto é o que acontece. Non existe un mínimo de coordinación e traballo conxunto. Xa non digamos investigación ou espacios de debate nos que non se reproduzan os anacrónicos resentimentos dos "clans" políticos e culturais de turno.
Outro xeito de comunicar - e de transmitir - a información cultural, debería ser posible. Penso que esas canles - e eses suxeitos - de comunicación e transmisión cultural deberían estar moi ao tanto do traballo, ante todo, dos investigadores. Investigadores que, todo hai que dicilo, non teñen porque ter o monopolio hermeneutico da vida/obra do individuo X, pero que tecen, se teñen honestidade científica, as moitas lagoas e preguntas sen resposta que se van acumulando na memoria dunha comunidade cultural. A galega, neste caso.
As linguas e as culturas son seres vivos. Os escritores son/somos persoas, non "productos". Son/somos persoas, non "consumidores". Son/somos persoas, non "efemérides". Semella que recordar isto, aínda a día de hoxe, é - seguirá sendo - unha declaración política de principios.
Pois ben, que o sexa : Por unha cultura viva. Polo dereito a non sermos convertidos en cousa, e polo deber de sermos humildes - se non nos converten en cousas -.
Boas noites.
No hay comentarios:
Publicar un comentario