http://praza.com/politica/4452/unanimidade-no-parlamento-para-que-galicia-aproveite-a-lusofonia/
Como se as linguas, e os seus falantes, precisasen dunha normativa parlamentaria para sentírense como "propios" ou "alleos". Sancta simplicitá!, de cantas formas se pode desfragmentar e dividir aos suxeitos, e de cantas formas caemos na trampa.
Abofé, este material é un bo estudo de caso para reflexionar sobor a instrumentalización dos imaxinarios culturais dende discursos científico-positivistas que se auto-pretenden "libres de valores". Neste caso, en concreto, é evidente que se está a valorar o "aproveitamento" - a propia palabra xa delata a intención - da lusofonía única e exclusivamente dende os criterios utilitaristas e economicistas da "doxa" científica academicamente hexemónica nas universidades de economía e ciencias políticas.
Mais as linguas e as culturas, ou o que é o mesmo, os seres humanos que se proxectan dende as mesmas, son algo máis que meros "mundos imaxinarios" ou singulares "concepcions do mundo" separadas da vida. E son, tamén, algo máis que meros "instrumentos" susceptibles de mercantilizárense para xerar valor de cambio monetario. Temos que ter en conta que, cando falamos de linguas e de culturas, falamos tamén de persoas de carne e oso, e o valor que debemos darlles é o mesmo valor que debemos darlle a un ser que esixe ser tratado, recoñecido e valorado xusta e equitativamente, non só en tanto que "homo faber", senon tamén, e sobor de todo, en tanto que ser humano con dereito a ter dereitos e con dignidade física, moral e espiritual de seu.
- " ! Bah, romanticismos ! -, dixo un despistado
E, certamente, o seu desprezo delatouno pois, a día de hoxe, volver a pensar-sentir o romanticismo non é outra cousa que oporse á barbarie tecno - cientificista e hiper - racionalista do capitalismo ultraliberal.

No hay comentarios:
Publicar un comentario