jueves, 23 de mayo de 2013

23 Maio, 2013.






¿ Cómo entender aos "outros" e, tamén, a "nós-outros"?. Multiculturalismo e dereitos humanos : Os erros da "civilizatio liberal". 

"Posto que as sociedades humanas diferían tanto entre sí, Vico afirmaba que comprendelas era unha actividade extremadamente complexa. Boa parte da vida interna dunha sociedade transcorre na imaxinación dos seus membros e básase en argumentos sen articular e xuízos pouco reflexivos. Estructúrase de acordo coas costumes e as convencions e avanza facendo frente aos temores e ás esperanzas máis profundas, cuxa racionalidade interna é a miudo difícil de captar por parte dun observador externo. Para Vico, pensar que podemos comprender plenamente unha sociedade en termos dunha natureza humana universalmente partillada ou recurrindo ao análise racional supón caer nunha perniciosa falacia racionalista. Na súa opinión, a natureza humana é un producto da historia e non unha esencia transhistórica, e evolucionaba e expresábase de xeitos diferentes en distintas épocas e sociedades.

No que respecta á razón, só operaba con universais, con aquelo que tiñan en común as diversas sociedades, e non constituía un bo bagaxe para chegar a apreciar a especificidade de ningunha. Tamén buscaba orde e regularidade nos modelos de desenvolvimento e uniformidade causal, e nunca chegaría a comprender, nin sequera a sentirse a gusto coa estructura necesariamente vaga, complexa, fluída e en gran medida inconsciente das experiencias sociais. Posto que cada sociedade constituía un todo integrado e estaba informada por certos principios, a razón axudábanos a comprendelas, mais só de forma limitada. Os principios xerais que rixen unha sociedade están profundamente incardinados en crenzas e prácticas que non resultan fáciles de identificar. Creía Vico que debemos abrirnos camiño cara a súa estructura interna por medio dos sentimentos, para aprehender o seu ethos e complexidade por medio da simpatía emocional, a autotrascendencia e unha imaxinación historicamente sintonizada"

Bikhu Parekh; traducido dende o castelán : "Repensando el multiculturalismo"

No hay comentarios:

Publicar un comentario