lunes, 25 de julio de 2011

26 Xullo 2011.


A literatura, sen máis, mesmo a que non ten condición de "clásica", é tanto un goce estético desinteresado coma unha fonte de autocoñecemento. Procuro pensar que todo texto narrativo ten algo que aportar, mesmo aquel que, ao primeiro contacto, non capta a nosa atención. Coa literatura acontece algo moi semellante ao que acontece coa música; existen as liñas adecuadas para cada circunstancia vital na que nos atopamos, do mesmo xeito que existe sempre o son e a canción adecuada para cada momento. As liñas que, no pasado, non captaban a nosa atención, de repente, nun intre máxico, aparecen ante nós coma algo luminoso. As cancions, as melodías que, no pasado, non lograban acompañarnos afectivamente, de repente, nun intre máxico, atrápanos. Convén alonxar á literatura e á música da Santa inquisición da categoría polo mesmo motivo polo que convén alonxar ás persoas de definicions fáciles para non facer o esforzo de coñecelas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario