
Recupero Moby dick de Herman Melville.
"Cada vez que sinto na boca unha amargura crecente; cada vez que se filtra na miña alma un Novembro húmido e chuvioso; cada vez que me sorprendo parándome sen querer perante as tendas de ataúdes ou ben formando cola en calqueira enterro; cada vez que a miña hipocondria domíname tanto que preciso apelar a un forte principio de moral para non sair deliberadamente á rúa e botar ao chan, metódicamente, os sombreiros da xente... entón recoñezo que chegou o momento de botarme ao mar tan pronto como poda. O mar é o meu substituto pata a pistola e a bala. Catón, con alarde filosófico, botouse sobre a súa espada; eu, caladamente, métome no barco. Non hai nada sorprendente nisto. Se tan so o souperan a maioría dos homes, sexa cal for a súa categoría social, compartirían conmigo, nunha época ou outra, os sentimentos que me inspira o océano."
Todos temos unha "biblia". Moby Dick é, para min, a metáfora máis certeira sobre a condición humana que lin nunca. Enchida de simbolismo e meta-linguaxe, como "A temprestade" de Shakespeare, consegue que o lector reflexione sobre si mesmo non coma persoa illada, senon coma ser humano. O poder da metáfora e do simbolismo é abraiante
No hay comentarios:
Publicar un comentario