lunes, 20 de junio de 2011

Martes, 21 de Xuño.

Descubro a novela gráfica; fico pampo coas súas posibilidades expresivas. Hai "radicalidade" estética, memoria e profundidade a partes iguais. Máis, moita máis que en moita da oferta cultural que a industria e os media ofrecen aos "consumidores" (sic).
Penso en Temperanza : o poder do medo, de Cathy Malkasian, e podo establecer conexions, sen pudor algún, con Shakespeare. Penso en Berlin : cidade de pedras, e dame a impresión de estar vendo un filme no que a mirada, ao mesmo tempo, é tan sutil e significativa como a poesía visual, algo imposible de atopar na paixón pola rapidez que ofrecen os planos dos filmes de consumo masivo a día de hoxe. Penso en Stitches, de David Small, e a súa estarrecedora capacidade para afondar na maldade humana a través da autobiografía persoal. Penso tamén en Persépole de Marjane Satrapi, e a súa capacidade para mesturar o relato autobiográfico e a crónica política, cunha firme toma de posición contra o fundamentalismo islámico, o totalitarismo e a hipocrisía.
Dende agora, adicareille máis atención a este xénero. Creo que incluso me aporta intuicions para escribir e crear.

No hay comentarios:

Publicar un comentario