Comezo a lectura de "O Buda dos suburbios", de Hanif Kureishi :
-"O meu nome é Karim Amir e son un inglés dos pes á cabeza, case. A miudo considéranme un tipo de Inglés curioso, de unha nova raza coma quen di, porque son o froito de dúas antigas culturas. Mais non me importa : son Inglés -aínda que non me enorgullezo diso-, dos suburbios do sur de Londres, e quero chegar a ser algo. Quizais sexa esa extraña mestura de continentes e de sangue, de aquí e de alá, de pertencer e non pertencer a este lugar, o que fai de min unha persoa inqueda e que se aburre con facilidade. Ou quizais débese a que me criei nos suburbios."
No hay comentarios:
Publicar un comentario