Recupero, de novo, a antoloxía bilingue de Yeats :
-"Yeats chegou á súa poesía a través de un coñecimento persoal. A súa vida correspondeuse de xeito exemplar coa súa obra. E de tal modo unha conxunción sorprendente de vida e poesía, de emoción e historia, fúndense en expresión orixinalísima. Momentos oraculares suceden a confidencias íntimas, voces arcaicas que veñen da sabiduría da terra cristalízanse no temperán poema Yeatsiano que deten o instante e, sacándoo do temporal, elévao á condición privilexiada, a emblema representativo dun momento revelador. O minuto epifánico cristalízase en blason imaxinativo. Chega a unha aprehensión que penetra o frenesí do devir e fíxao en visión que tal vez desafía ao tempo"
E segue, estas liñas son fantásticas e -creo- resumen dun xeito breve, preciso, exacto, o impulso principal que me leva a escribir poesía :
-"Quizais alí reside un dos grandes valores desta poesía, na unión do arquitectural co visceral. No esforzo sostido a través de toda unha vida por chegar a unha forma de coñecimento interior que armonize ese constante enfrontamento entre ser e mundo".
Bingo, chegoume ao centro.

No hay comentarios:
Publicar un comentario