sábado, 14 de mayo de 2011

15 Maio, 2011.

Sigo cos sonetos de Shakespeare, a empatía é máis serena que con mayakovsky, de quen non soporto esas absurdas e infantiles composicions poéticas como instrumento para divinizar ao camarada Lenin ou a causa proletaria. Mayakovsky, cando engancha, engancha pola súa violencia expresiva, pola radical rotundidade das súas imaxes poéticas. Engancha a base de shocks.

Shakespeare é, definitivamente, outra cousa :

De enxeño uns xáctanse, ou de estirpe
outros da súa riqueza ou da súa forza
outros de ir á moda máis absurda
de falcons, ou lebreles, ou cabalos

Cada carácter sigue os seus praceres
e neles atopa gozos especiais
mais eu por estas cousas non me mido
que teño outra mellor que as inclúe

O teu amor é preferible á alta alcurnia
moito máis que a riqueza ou que as galas
de máis pracer que falcons ou cabalos.
Máis que ninguén, téndote, alégrome

A miña única miseria é que ti podes
quitarme todo e facerme miserable

William Shakespeare. Sonetos

No hay comentarios:

Publicar un comentario