sábado, 3 de agosto de 2013

Sabado, 3 de Agosto 2013.


Concéntrome na lectura de A estética como Ideoloxía, de Terry Eagleton. Remato Baal de Brecht e leo paseniñamente Sagrada Esperança de Agostinho Neto. Procurando e lendo algunhas críticas de Baal, descubro algo inesperdado : que Bowie interpretou a Baal. 


Hai menos dunha semana, Xosé Luis Gómez, o que fora director de Xornal de Galicia, ofreceume con moita cortesía escribir para o seu diario dixital. Desta non me deixei enganar pola cortesía. A miña resposta foi tan seca e cortante que mesmo me sorprendín a min mesmo : "Nómina e especificación concreta da tarefa a realizar. Xornalismo cultural, política internacional, opinion, etc. A partires daquí, podemos comezar a entendernos, Xosé Luis".

Hai que ser Toxo ou flor estratexicamente. Así é a vida. 

Disfruto moito, con Agostinho Neto, con Eagleton e con Brecht. 



No hay comentarios:

Publicar un comentario