viernes, 15 de marzo de 2013

Sabado, 16 Marzo 2013.


Co paso dos anos un cae na conta de que hai persoas que só crecen fisicamente e que fan o posible para impedir que a xente que os arrodea teñan a ousadía de moverse e crecer. Detesto á xente que o ten "todo claro", tanto como destesto á xente que disfraza as súas inseguridades a golpe de retórica. Son dúas caras da mesma moeda : os primeiros precisan "verdades con garantías" e detestan a prudencia escéptica, os segundos detestan os pensares e os sentires precisamente expresados. 

Xa entendo porque amo a soedade. Mesmo detrás dunha barra, aprendo a habitarme a min mesmo e responder : "Ou, sí, claro, por suposto, ten vostede toda a razón. Sí, home, faltaría máis. Completamente de acordo. Sí, sí, claro que sí. Claro, claro". 

Amo ás almas "aristocráticas". 

No hay comentarios:

Publicar un comentario