sábado, 23 de marzo de 2013

23 Marzo, 2013.


Meu pai dime que está pensando en fechar o negocio : crónica dunha morte anunciada. Entra ao bar con cara de resignación e reprime as bágoas. Miña nai, na cociña do bar, non pode : "¿ E de qué imos vivir agora ?", di, mentras prepara unha tapa de polo. 

Trato de reprimir a rabia e cálmome : pequeno "Quorum" na cociña, co meu irmán presente. Solto a arroutada, medio en broma, medio en serio : "Non sei se adicarme durante un tempo á política, aínda que só sexa para que non fagan política coa nosa vida". Miña nai fica en silencio... nunca pensei que esta resposta puidese non parecerlle escandalosa algún día.

Non son crente, mais voulle pedir a "Deus" que o azar - e a necesidade - non me obrigue a ter que volver a respirar ese mundo de novo. Argallo posibles saídas para poder levar uns ingresos máis á familia. Coma sempre, a "pantasma" da emigración, sempre a roldar por aí, en silencio, e as clásicas frases de sempre, tamén : "Nunca debimos volver de Suiza".

Non, nunca debimos, e non descarto termos que volver de novo. Aconteza o que aconteza, creo que a familia vai ter que separarse a medio-longo prazo se a Administración ou os partidos non argalla algún tipo de subsidio ou paro para autónomos. 




No hay comentarios:

Publicar un comentario