lunes, 18 de febrero de 2013

18 Febreiro, 2013.




Florentino López Cuevillas; Etnógrafo. Número 1 da Revista Nós. Perfila unha visión moi organicista e naturalista - influencia do Darwinismo nas ciencias sociais do 19, supoño - do socialismo. O primeiro tomo da revista Nós, por certo, foi publicado en 1920. 


"Eu creo no triunfo do socialismo porque creo que a sociedade humana é un organismo vivo, suxeito a leises biolóxicas semellantes ás que rexen o desenvolvimento dunha pranta ou dun animal. Quero dicir con isto que, do mesmo modo que cando vemos botons nun roseiro supoñemos que de aí sairán rosas, ao ver que unha idea calqueira vai conquistando conciencias e facéndose un lugar nos espíritus, hai que supor que a realización daquela idea é cuestión de tempo nada máis. Pensar outra cousa sería pensar que a natureza fai tonterías, e polo de agora, a natureza conservou sempre esa súa seriedade.

E hoxe, ademais, todo é socialismo. Haino nos gobernos que graban a renta, as transmisions e o capital. Haino nos patrons que piden a intervención do estado nos seus conflictos cos obreiros. Haino nos campesiños que queren ver as súas terras liberadas de cargas polos mandatos dunha lei, haino incluso na cabeza dun rentista gordo e satisfeito da súa vida e da súa renta, cand ao leer que os obreiros piden esta cousa e esta otra, di, entre temeroso e compadecido : - "Hai que convir que esta xente, algunhas veces, ten razón".


No hay comentarios:

Publicar un comentario