martes, 23 de octubre de 2012

23 Outubro, 2012.







Leo "Galicia vista por los no gallegos", de Xesús Alonso Montero. Pásomo pipa; ás veces, enfádome, outras, río a cachón. Outras, asómbrome : 

"En cambio, nadie puede negar que existe una etnia gallega. Esto es, un pueblo que reúne un conjunto de rasgos comunes - hacia dentro - y diferenciales - hacia fuera -. La lengua - e incluso el modo de utilizar su segunda lengua -, muchos aspectos afectivos, ciertos matices intelectuales, costumbres y creencias, sobre todo - y esto es lo decisivo - una muy clara conciencia del "Nós". Que, en algunos, esta conciencia sea doloridamente avergonzada es cosa que no comprendo, pero es un hecho. En otros toma un aire más bien excesivamente defensivo, que a veces pasa a la agresión. Por muy incómodo que esto pueda resultarnos a los no gallegos, es preferible, como dignidad humana, a lo anterior. Afortunadamente, la mayor y mejor parte de la gente tiene esta conciencia, ni avergonzándose ni desafiando"

Carlos Alonso del Real, 1969. 

A lóxica discursiva é a seguinte : 

1- Etnia = pobo = rasgos comuns - cara "adentro" - e diferenciais -"cara afora"-. 

2- Elementos que a caracterizan = Lingua-modo de utilizar a "segunda lingua"-aspectos afectivos-matices intelectuais-costumes-crenzas-clara conciencia do "Nós". 


É moi perigoso : sitúa o común no endo-grupo e o non-común no exo-grupo, e enche, tanto o común coma o non-común coa lingua e o xeito de utilizar a "segunda" lingua (Sociolinguística), cos aspectos afectivos (Estética), matices intelectuais (?), costumes (Antropoloxía/Etnografía da vida cotiá), crenzas (Antropoloxía/ Teoloxía) e unha moi clara conciencia do nós. 

Lido - e interpretado - isto, considero que :

A- Situar o común no endo-grupo é excluir a posibilidade de atopar o común alén do endo-grupo. Paréceme un pésimo punto de partida.

B - Situar o non común no exo-grupo é excluir a posibilidade de atopar a diversidade e heteroxeneidade no propio endo-grupo. Paréceme, tamén, un pésimo punto de partida.

Unha sociedade que camiña cara unha innegábel convivencia pluricultural non pode comezar a tecer as súas gramáticas culturais deste xeito. Non só é anacrónico, senon, tamén, e ademais, perigoso e excluínte, tanto cara afora como cara adentro.  

Ademais, cando fai referencia ao xeito de utilizar a segunda lingua :

A - Presupón que a outra lingua ten que ser, necesariamente, a segunda, e non a complementaria. Hai historias de vida a eito que demostran que a propia lingua de un país pode adequerirse con moita solvencia expresiva, desaparecendo esa fronteira mental dentro dos suxeitos que non perciben ás dúas linguas baixo a bipolaridade do propio vs alleo, e viceversa. 

B- Ignora, voluntaria ou involuntariamente, que o modo de utilizar a "segunda" lingua sempre estará mediada por relacions de poder que exclúen ou benefician, segundo o contexto, tanto ao endo-grupo linguístico como ao exo-grupo. 

Para seguirmos co texto :

A- Cando fala de costumes non visualiza qué tipo de prácticas veñen culturalmente xustificadas polo endo-grupo e en qué medida éstas son unha negación ou unha potenciación da autonomía dos suxeitos que pertencen ao mesmo. 

E para rematar :

A - Cando fala de crenzas e unha clara conciencia do nós, mantense, de novo, nun plano formalista, abstracto. É coma se tivesen que entrar na mesma categoría as sensibilidades católicas, apostólicas e romanas e as supersiticions ou a relixiosidade popular da familias campesiñas, por exemplo, ou coma se dentro da primeira do plural, á hora de falar de sentimentos de pertenza, houbese medo a penetrar no misterio da súa pluralidade. 








No hay comentarios:

Publicar un comentario