Artículo 38 da constitución española : -Recoñécese a liberdade de empresa no marco da economía de mercado. Os poderes públicos garanten e protexen o seu exercicio e a defensa da súa productividade coas esixencias da economía xeral e, no seu caso, da planificación.
Traducción persoal : Recoñécese a liberdade de empresa e circulación de mercadorías para os grandes terratenentes, industriais e capital financeiro, no marco dunha economía anti-social de mercado ecocida e militarizada. Os poderes supostamente públicos garanten e protexen o seu exercicio ás grandes familias dacordo coas caprichosas e volubles necesidades da súa economía persoal e do seu consumo suntuoso. En caso de pésima xestión dos seus negocios, o estado, a través dos seus inxustos tributos ás familias máis humildes, saneará as súas pérdidas e reclutará aos seus integrantes para a próxima guerra.
Amén!

No hay comentarios:
Publicar un comentario