viernes, 4 de noviembre de 2011

Venres, 4 Novembro, 2011.







Explotar a rabia como "humus" creativo e reflexivo é necesario para coñecer os seus límites, mais tamén, as súas potencialidades. Ningún sentimento humano sobra; creo que un escritor non debería moralizar cos sentimentos e mirar cara a cara aos seus propios medos e infernos persoais, por moi desgarrador que resulte.

Sei o que é chorar de rabia ao rematar un libro, aconteceume co primeiro manuscrito que deu como resultado parte do boceto final de "Nada es sagrado" e "prosas de amor, memoria e rabia". As consecuencias psicolóxicas desta viaxe ao fondo da indignación e a paixón razoada aínda duran. Acostumarse durante moito tempo a transitar esas temperaturas emocionais, en poesía, en artigo e mesmo no ensaio e algunhas pezas narrativas, non é aconsellable agás como proceso de curación na procura dalgunha catarse liberadora. 

Si, Nietzsche tiña moita razón : O poder volve estúpidas ás persoas, e quen loita contra monstros... corre serio perigo de convertirse nun deles; os mesmos monstros cos que tiven que compartir barco no mundo do xornalismo e a política institucional nun país económica, social, política, linguística, social e culturalmente controlado por unha tecnocracia de burócratas e banqueiros disfrazados de políticos que aplican a máxima do "laisez faire, laisez passé" a tódolos ámbitos da vida política e cultural de Galicia. Para eles, este recuncho só existe como "instrumento" económico, coma lanzadeira política ou coma "guetto" administrativo de poder para mercar e vender favores cun disfraz e un discurso que oscila entre o  folklorismo inerme para analfabetos e o galeguismo-marca sen fundamento ético e contido cultural e político real.

Fora da caverna hai sol, si, pero o medo a exporse aos raios é comprensible : queima.

Comezou a viaxe; destino : o descoñecido. A rabia esfúmase na brétema.


No hay comentarios:

Publicar un comentario