jueves, 3 de noviembre de 2011

3 Novembro, 2011.


.




Caro diario : este país está demasiado "sensible" ultimamente, e a sensibilidade, cando é empalagosa, snob e hiper-susceptible, cando se convirte nun modo de fecharse en sí mesmo, encubrir o medo e a conseguinte censura cortés, é, directamente, detestable. Estamos constantemente auto-estereotipándonos a nós mesmos, teatralizando cómicamente defectos que nos lastran humana e colectivamente; é un xeito sutil e liberador, pero cobarde, de non chamarlle ás cousas polo seu nome e de considerar irremediable o que debería ser, sinxelamente, perpetuamente denunciable. Non queremos mirar, agás excepcions, alén do embigo da poética do familiar e o cotiá.

Unha cultura que non vai na procura do descoñecido, que non se reinventa, que non crea nin pensa, nin arte nin pensamento vivo, que non sabe revitaliar as súas tradicions nin conservar a súa memoria colectiva, é unha cultura morta e, ademais, políticamente servil e submisa. Ideal para ser consumida por turistas, si. Ideal para postais e souvenirs, si. Ideal para a "industria" -sic- cultural. Mais sen nervio vital, e fora, moi fora do real, moi fora da vida, individual e colectiva, dun pobo. 

A Galicia que eu vin, e vivín, dende a posición dun "film maker", dun antropólogo distanciado, cos meus ollos, cos meus cinco sentidos, no mundo do xornalismo -Xornal de Galicia-, na asociación de prensa, no mundo académico universitario de A Coruña e no gabinete de des-información e in-comunicación do PSdeG, en Santiago, é parte desa Galicia que aspiraba e aspira a ser unha surrealista e esperpéntica imitación daquelo que en francia veu en chamarse a "Gauche caviar" ou "Gauche champagne" -esquerda caviar ou champagne-, e que treme dos pés á cabeza cando a liberdade de expresión afecta directamente aos seus intereses e ao seu afán de distinción.

A mentalidade, as categorías e os estereotipos coloniais, por suposto, estiveron sempre presentes. Unhas veces, por ignorancia. Outras, por cinismo. Outras, por cobardía intelectual. Outras, por preguiza mental. Outras, por medo. Outras, por profundísima cegueira e insensibilidade social. Outras, por estes sete factores humanos interactuando xuntos que se me revelaron a través da propia escoita e o diálogo distanciado e, por suposto, a través da linguaxe e a valoración despectiva e desinformada que moitos cargos de responsabilidade demostran no insulso mundo político-mediático e académico oficial que eu coñecín.

A penetración cultural do capitalismo na península convertiu á política de partidos e á comunicación política en puro fetichismo da militancia : un round de boxeo permanente enchido de agresividade, mentiras, violencia verbal e corrupción recíproca encuberta. Un bipartidismo político e cultural protagonizado por políticos de salón que prometen a súa versión, quer hispano-castiza, quer galega-enxebre, do soño americano, a un pobo que, honrosas excepcions, aspira e desexa consumilo. 














No hay comentarios:

Publicar un comentario