"Cada día observo as esceas da vida coma fragmentos musicais interpretados polas forzas da natureza. Os raios de sol pousándose na terraza dun café aseméllanse ao grito ou á chamada dunha trompeta; un grupo de obreiros españois descansando nunha mina a ceo aberto son como as notas musicais dun solo"
A Guy apaixoáballe o Jazz, como a Julio Cortázar. Creo que non é casualidade que mirase coa súa lecia de xeito semellante a como Julio miraba coas palabras. Toda poética ten a súa música, aínda que non chegásemos a descubrila, do mesmo xeito que toda persoa ten a súa filosofía, aínda que non sexa moi consciente dela. Descubrir ámbalas dúas cousas, a música -ou músicas- que inspira a nosa poesía, e a filosofía -ou filosofías- que inspira o noso xeito de pensar e ollar o mundo, é chegar a ser donos da nosa propia voz e conciencia.
Creo que son moito máis versátil, máis aberto, coa sensibilidade que coa racionalidade. Son máis proclive a deixarme enfeitizar por calqueira tipo de música que a deixarme convencer coa lóxica ou a retórica.

No hay comentarios:
Publicar un comentario