lunes, 25 de julio de 2011

25 Xullo, 2011.

Sigo con Sylvia Plath.


"-¿Sabes o que é un poema, Esther?

-Non, ¿que é?

-Un gran de po- E pareceu tan orgulloso de pensar unha cousa así que me quedei mirando o seu loiro cabelo e os seus ollos azuis e os seus brancos dentes.

-Supoño que sí- dixen

Pasaba gran parte do tempo mantendo conversas imaxinarias con Buddy Willard. Él era un par de anos maior ca min, e moi científico, así que sempre podía demostrar as cousas. Cando estaba con él, tiña que facer un gran esforzo para non levar a peor parte.

Aquelas conversas que eu desenvolvía mentalmente, adoitaban repetir o inicio de conversas que tivera realmente con Buddy, só que eu terminaba dando agudas respostas en troques de quedarme alí sin decir outra cousa que "supoño que sí".

Agora, tendida na cama, imaxinaba a Buddy dicindo :

-¿Sabes o que é un poema, Esther?

-Non, ¿qué é?- diría eu

-Un gran de po

Entón, cando él comezará a sorrir e a mostrarse orgulloso, eu diría :

-Tamén o son os cadáveres que cortas. Tamén o é a xente á que crees curar. Son po coma o po mesmo é po. Calculo que un bon poema dura moito máis que centos de esas xentes.

E, por suposto, Buddy non sabería qué responder porque o que eu decía era certo. A xente estaba feita nada máis que de po e eu non vía que curar todo aquel po fora algo mellor que escribir poemas que a xente recordaría e se repetiría a sí mesma cando se sentira infeliz ou enferma ou non puidera durmir".

No hay comentarios:

Publicar un comentario