martes, 19 de abril de 2011

Mércores, 20 de Abril.

Merco dous grandes volúmenes de arte : "Os segredos das obras de arte" e "Arte, toda a historia". Síntome coma un neno con zapatos novos.

Leo alguns poemas de Maiakovski en castelán. Sorpréndenme a súa forza, a súa violencia emocional, a súa provocación :

1- ¿Qué facer co infierno que levamos dentro?

2- Que nazca a maxia inhumana das palabras
iluminadas polo sufrimento

3- Por riba do abismo a miña alma está tendida coma un cable
alí balanceome, facendo malabarismos
coas palabras

4-Que naza por fin
a maxia semellante á crucifixión
Mirádeme :
estou cravado ao papel
cos cravos das palabras

5- Sei moi ben
que non vos gustan as frase baleiras
cando serrades na madeira, é para facer leña
Mais nós
que somos senon ebanistas
que traballan a leña da cabeza humana

No hay comentarios:

Publicar un comentario