Chega un momento no que caes na conta dos límites da palabra -e da imaxe- para mostrar a realidade ocultada. Nese intre afastas de ti toda etiqueta. Sí, teño escritos filosóficos, mais non son filósofo. Sí, teño formación e escritos sociolóxicos, mais non son sociólogo. Teño ensaios literarios, mais non son un crítico literario. Teño artigos xornalísticos, si, aínda que moitos xornalistas din que son excesivamente literarios ou filosóficos ou calqueira outra cousa que se lles ocurra para non pensar. Si, tamén escribo poesía, mais non son poeta. E tamén escribo relatos, mais non son un relatista.
Considérome escritor, só iso. Esta palabra é o que une todo o anterior. Un escritor que pon a súa enerxía e creatividade ao servizo de determinados valores éticos e estéticos. Galicia está tan presente no meu maxín coma o resto do mundo. A día de hoxe é unha abafante irresponsabilidade facer do propio almeiro linguístico e cultural un límite perceptivo, e non, sinxelamente, unha ponte.
No hay comentarios:
Publicar un comentario