lunes, 19 de agosto de 2013

19 Agosto, 2013.

 
Falei con Fran o Sábado pola noite. Sigo atopándome moi a gusto con él, aínda que cando se vai a Madrid semella esquecerse tallantemente de Galicia e dos seus compañeiros.
 
Falamos, sobor de todo, dos límites da linguaxe, da importancia da imaxe e da música, tamén, como fíos conductores do sentido das cousas. Con Fran atopo sempre puntos en común, él é máis pragmático que teórico, eu preciso entender profundamente antes de facer nada. Con todo, creo que habitamos un universo estético semellante.
 
Recoméndame un libro e unha pequena presada de series. O título do libro chámame a atención poderosamente : How music really works.

No hay comentarios:

Publicar un comentario