sábado, 1 de junio de 2013

1 Xuño, 2013.




"Sempre na Seara se condenou o verbalismo estéril, um certo tipo de retórica balofa, que desvirtuam a verdadeira face dos problemas. Falar claro e segundo a razao, é o lema do seareiro. Ninguem mais do que eu deseja essa colaboraçao; mas ela terá de dar-se numa esfera de elevada cultura, que honre Portugal e Galiza"

Lendo as cartas de Manuel Rodrigues Lapa a Francisco Fernández del riego. Interésame, nesta carta que data do 25 de Agosto de 1950, a declaración ética e estética de principios da revista; con todo, desagrádame o feito de que considerase que a "colaboración cultural" entre Portugal e Galiza só podería darse nunha esfera de "elevada cultura". É curioso - e isto son intuicions miñas -, mais a retórica do "honor nacional", expresada en clave culturalista, e certa concepción "ilustrada" da cultura, van tantas veces xuntas, que resulta canto menos ridículo imaxinar cómo poden compatibilizarse cunha concepción socialista do mundo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario