jueves, 23 de mayo de 2013

23 Maio, 2013.





Compaixón polos demais, comunicación, uso de ferramentas, linguaxe, coidado dos maiores e as crianzas, chantaxe emocional; Pouco a pouco, case tódalas actividades ou sentimentos que se consideraban propios do ser humano, atopan o seu equivalente nas sociedades non-humanas - por suposto, tamén o "lado oscuro" da condición humana ten o seu equivalente nalgunhas especies -. 

Pregúntome xa hai tempo porqué a socioloxía académica é tan reticente ou pouco interesada nos enfoques comparados entre as sociedades humanas e as sociedades non-humanas. 

Eso que chaman a "comunidade científica", abofé, tamén ten o seu "lado oscuro".


No hay comentarios:

Publicar un comentario