jueves, 29 de noviembre de 2012

Xoves, 29 Novembro, 2012.






Xosé Manuel Beiras a un ser -disque- "Bo e xeneroso". Sesión de Investidura do presidente da Xunta. 31.1.1990. 

"Vostede dixo hoxe, señor Fraga, con esa actitude despectiva que tanto o caracteriza respeito dos creadores de ideas, que non c
re nas utopías. Iso xa o sabiamos, podía aforrar de perxuralo. Thomas Moore e Campanella nunca foron da súa devoción. Vostede interpreta a historia da mesma maneira que a interpretaban os manuais que á miña xeración se lle impuñan nos centros escolares, "la historia del imperio español y la leyenda negra". As verdades eran lendas negras e o resto, evidentemente, non valía para gran cousa. 

Pero vostede, que dixo que non cría nas utopías, sen embargo, aínda que non o dixo, resulta que cre na inopia ou polo menos está nela. Ao cabo de dous anos de mandato chega a esta cámara -nunha das rarísimas ocasions en que temos a oportunidade de escoitalo falar e dicer algo como presidente da xunta dentro dun recinto parlamentario- e fai un recital de descoñecemento absoluto de cal é a realidade social, da súa incapacidade para facer o máis mínimo diagnóstico e da súa constante evasión. Isto reflíctese nos discursos que lle fan, por cachos - cada cacho fíxollo alguén diferente -; quen lle fixo o discurso sobre o idioma merecería algún premio destes que vostedes institúen, porque iso de que os galegos, idiomaticamente, pertencemos ao glorioso tronco linguístico ibero-americano é un achádego de cadeirádigo, xa non só en filoloxía senón en sociolinguística, merecente dun premio antitético do Nobel. 

¿Vostede sabe por que viaxa tanto?. Porque non pode reprimir o seu desexo de fuxir - é moi doado chegar a esa conclusión - e como non ten pra onde fuxir, como non ten onde ir e quedar, vai e volve unha e outra vez a sucesivos lugares distintos para acabar sempre no mesmo punto de partida. O mesmo que fixo vostede na súa traxectoria política persoal, foi e voltou a cantidade de lugares ideolóxicos diferentes para acabar no mesmo punto de partida, como acaba de demostrar co seu discurso de hoxe, que, ideoloxicamente, reitero, sería asumible por Le Pen. 

Vostede é un estatista frustrado, un ideólogo obsoleto, un dirixente autoritario sen autoridade, e nin sequera dispón de alguén que veña detrás para coller o relevo, porque vostede é coma un vello eucalipto, onde está chantado nin a herba medra arredor, esterilízao todo; se cadra a base de ensaiar fuxidas atrás e adiante, ao leste e ao oeste, acabará vostede en Saló."

No hay comentarios:

Publicar un comentario