jueves, 11 de octubre de 2012

Venres, 12 Outubro 2012.






Arte cultura e sociedades : cómo construir novas formas de pensar

"Nas últimas décadas a institución da arte representou un papel crecente á hora de estabelecer os códigos de lectura de todos aqueles problemas que, desde a identidade á diferencia cultural, as formas de poder e o seu uso, emerxencias e conflictos varios, foron definindo as transformacions do mundo contemporáneo.

A arte veu sendo sempre unha das instancias críticas máis incisivas á hora de explicar as tensions simbólicas que configuran o horizonte antropolóxico do noso tempo. Por outra banda, os procesos de globalización veñen de romper as fronteiras que delimitaban territorios acotados, dando lugar a unha mundialización de problemas e linguaxes favorecidas por intereses nunca alleos á institución artística. Este feito permite situármonos hoxe perante unha discusión aberta que non só interprete senon que problematice o alcance da obra de arte no contexto da cultura contemporánea"

Francisco Jarauta; Artigo Le Monde Diplomatique.

Fantástico.








No hay comentarios:

Publicar un comentario