Eliseo reclús escribiu "O home e a terra". O'xocas puxo a voz narrativa a "O carro e o home", xunto con Antonio Román, que desenterrou do reino da palabra as imaxes que evoca O'xocas na súa voz narrativa, dándolle existencia óptica, real, tanxible.
Así que, ben, o home, sí, o home, e a terra, sí, a terra. ¿Mais QUÉ homes e QUÉ terras?. Non tódalas terras tiñan galeg@s nin tódolos homes facían carros. A única "provincianidade" que hai nestas preguntas é aquela que vai na procura da materialidade da súa universalidade, a mesma que a mirada "imperial" - e falsamente cosmopolita - invisibiliza. ¿Cómo?.
1 - Desinteresándose dela, e polo tanto, invisibilizándoa.
2- Negando verbalmente a súa intrínseca humanidade. Deste xeito, o coñecemento e auto-coñecemento desa comunidade humana non pode robustecerse, sendo facilmente cousificable, estereotipable ou asimilable pola mirada "metropolitana" e polas castas políticas que comandan os estados-nación modernos.
3- Argumentando que as súas expresions máis visibles teñen un feitío "rústico" ou "primitivo" -sic-. Ou dito dun xeito sinxelo, que non son dignas de estudo por non forman parte do exquisito círculo da "alta cultura", no senso tradicional e clásico da palabra.
A mirada imperial, a fin e ao cabo, é a mesma mirada que a de Narciso. De tanto contemplarse no lago pode chegar a namorar de sí mesma e morrer afogada. O tráxico - ou o traxicómico - do asunto é que tamén á mirada provinciana que toma conciencia da súa condición de subalternidade pode acontecerlle o mesmo que a Narciso, coa diferencia de que se auto-xustifica coa ética e a estética da resistencia perante o eterno inimigo que lle nega a súa identidade.
No hay comentarios:
Publicar un comentario