miércoles, 3 de octubre de 2012

4 Outubro, 2012.









"Durante largo tempo, compracíanos citar esas linguas nas que faltan os termos para expresar conceptos coma os de árbore ou animal, aínda que se atopen nelas tódalas palabras necesarias para un inventario detallado das especies e das variedades. Mais, ao mencionar estes casos en apoio dunha suposta ineptitude dos "primitivos" para o pensamento abstracto, en primeiro lugar, imitiamos outros exemplos que comproban que a riqueza en palabras abstractas non é patrimonio exclusivo das linguas civilizadas.


Así, por exemplo, a lingua chinook do noroeste de América do Norte, usa palabras abstractas para designar moitas propiedades ou cualidades dos seres e das cousas. A proposición o home malvado matou ao pobre neno, en chinook, exprésase así : a maldade do home matou á pobreza do neno. E para dicir que unha muller utiliza un cesto demasiado pequeno : mete raíces de potentila na pequenez dun cesto para conchas"


O pensamento salvaxe; Claude Levi-Strauss.





No hay comentarios:

Publicar un comentario