miércoles, 7 de marzo de 2012

Mércores, 7 Marzo 2012.


Dúas horas falando con Pablo González Mariñas; rimos moito, como de costume, mais tamén me impactou o seu retrato de Manuel Fraga, persoa. Non podo crer que un ser humano tan patético e noxento tivese nas súas mans o destino enteiro deste país. 

Outra das cousas que me dixo Mariñas : ¿Fraga?, Fraga non era un home culto, no sentido de ter unha persoalidade formada, un carácter, unha sensibilidade... etc. Fraga era un erudito, unha besta que memorizaba citas e datos, nada máis. 

Despois de moito falar sempre acabamos coa mesma conclusión : o medo, non só neste país, senon en xeral. O medo é o que nos lastra. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario