viernes, 6 de enero de 2012

Venres, 6 de Xaneiro 2012.






Por encima de todo, a liquidación da cultura popular é a destrucción da capacidade de creación espiritual do pobo, que pasa de ser suxeito de saberes a mero obxeto pasivo e inerte da cultura ou subcultura que o poder lle proporciona. Con elo consúmase un grande atentado contra a liberdade de conciencia, pois extinguidas as facultades espirituais do suxeito por motivos de utilidade política e reducido éste a un adoctrinado absoluto e perpetuo, xa non pode falarse de liberdade de conciencia, sinxelamente, porque a conciencia desapareceu. Elo ten, engadidamente, diversas consecuencias. A CULTURA POPULAR DE ANTANO TIÑA EN SI MESMA A SUA PROPIA FINALIDADE, NON BUSCABA ADOUTRINAR NIN SE SOMETÍA Á POLÍTICA, POR MÁIS QUE TAMPOUCO FORA APOLÍTICA. Hoxe, pola contra, xa non hai cultura, só propaganda, pois o fin da actividade intelectual e estética profesional, estatal ou empresarial, non é a verdade, nin o ben, nin a virtude, nin a beleza, só a maximización do dominio, sexa éste político, económico, académico ou mediático, nas súas múltiples manifestacions. De onde temos que a cultura en sí e por sí, que busca realizar e elevar ao ser humano en tanto que espíritu, foi liquidada. 

Félix Rodrigo Mora : "A democracia e o triunfo do estado : Esbozo dunha revolución democrática, axiolóxica e civilizadora"



No hay comentarios:

Publicar un comentario