O meu carnet de identidade dime que son español aínda que nunca tivese a oportunidade de refrendar a constitución española. A miña vida dime que nacín, xeográficamente, en Galicia, mais o meu proceso de socialización infantil vivino plenamente en Suiza, até os 7 anos.
Ben, quizais xa vaia sendo hora de deixar de auto-censurarme :
1-Ningunha constitución pode nin debe darnos respostas sobre quenes somos ou deixamos de ser
2-Ningunha contitución é inmutable, perenne
3-Toda constitución ten un alto compoñente ético na súa redacción, en tanto en canto aspira a asentar principios comuns de convivencia en sociedade, con todo o terriblemente desagrradora e inhumana que é.
4-A xeografía e o nacimento son continxencias que, si, condicionan, pero que, en absoluto, nos define unívocamente coma persoas singulares, únicas, irrepetibles.
5-Desposuir a unha sociedade das súas expresions culturais e da súa memoria colectiva, con todo o conflictiva e fragmentaria que poida ser, ou aplicar lexislacions que non garantan a súa reconstrucción -en caso de sufrir, no pasado ou no presente, claros indicios de dominación colonial- a súa conservación ou a súa visualización nos medios de comunicación públicos, audiovisuais ou escritos, é un atentado contra a vida, persoal e colectiva, desa sociedade. Unha inxustiza manifesta que debería ser denunciable perante instancias locais e internacionais.
6-Teño que esforzarme en ser dono e soberano do meu corpo, mente e espírito. Quen non poda entender esto é un ser ao que non estou disposto, nin a respetar, nin a amar.

No hay comentarios:
Publicar un comentario