miércoles, 17 de agosto de 2011

18 Agosto, 2011.



Se a imaxinación non é monopolio de ningunha fronteira, nun mundo como o actual, tampouco debería ser monopolio de ningunha clase; mesmo a aqueles que poderían acusarme -sic- de non ter “conciencia de clase” responderíalles sen pudor que esto non é máis perigoso que non ter “clase algunha de conciencia”.

Constantemente, día tras día, confírmaseme a mesma verdade interior, a saber : facer ciencia social é, esencialmente, un acto reflexivo e interpretativo, facer literatura é, esencialmente, un acto creativo, mais xuntar ámbalas cousas é, directamente, un gozo para os sentidos, é tentar habitar ese fecundo e incómodo lugar da imaxinación que, coa mirada, ocupan as “fiction-non fiction movies” e, coa palabra, ocupa o realismo máxico ou a ciencia-ficción.

Nun mundo no que os imaxinarios e as narrativas do poder buscan constante e intencionadamente aterrorizar, embrutecer, enganar e paralizar a capacidade de reflexión e movimento autónomo das persoas, a rebeldía estética é un acto de saúde e ecoloxía mental necesario e previo á reivindicación do que xa hai moito tempo que nos roubaron : o futuro.

No hay comentarios:

Publicar un comentario