martes, 12 de julio de 2011

12 Xulio, 2011.

Sigo con Rayuela :

Aos dez anos, unha tarde de tíos e pontificantes homilías histórico-políticas á sombra duns paraísos, manifestara tímidamente a súa reacción contra o tan hispanoítaloargentino "!se lo digo yo!", acompañado dun puñetazo rotundo que debía servir de ratificación iracunda. !Glielo dico io!. !Se lo digo yo, carajo!. Ese eu, alcanzara a pensar Oliveira, ¿qué valor premonitorio tiña?. O eu dos grandes, ¿qué ominisciencia conxugaba?
Aos 15 anos enterárase do "eu só sei que non sei nada" : a cicuta concomitante parecéralle inevitable, non se desafía á xente nesa forma, dígollo eu. Mais tarde fíxolle gracias comprobar como nas formas superiores da cultura o peso das autoridades e das influencias, a confianza que dan as boas lecturas e a intelixencia, producían tamén o seu "se lo digo yo", finamente disimulado, incluso para quen o profería : agora sucedíanse os "sempre he creído", "se de algo estou seguro", "é evidente que", casi nunca compensado por unha apreciación desapaixoada do punto de vista oposto. Como se a especie velara no individuo para non deixalo avanzar polo camiño da tolerancia e da dúbida intelixente, o vaivén sentimental. Nun punto dado nacía o callo, a esclerose, a definición : ou negro ou branco, radical ou conservador, homosexual ou heterosexual, figurativo ou abstracto, San Lorenzo ou Boca Juniors, carne ou verduras, os negocios ou a poesía. E estaba ben, porque a especie non podía fiarse de tipos como Oliveira.

No hay comentarios:

Publicar un comentario