lunes, 9 de mayo de 2011

10 Maio, 2011.


Abro "Educación para a emancipación", de Theodor Adorno. Recordo que mercara este libro nunha libreria de Lugo, non lembro cal, e recordo tamén que ao sair, os meus compañeiros, tampouco lembro cales, dixéranme algo semellante a :

-¿E ti para qué queres iso?

Fixo a mirada nunhas liñas do primeiro capítulo : ¿Qué significa superar o pasado?. Encántan
me os títulos que comezan entre interrogantes.

-"Tense a vontade de liberarse do pasado : Con razón, porque baixo a súa sombra non é posible vivir, e porque cando a culpa e a violencia só poden ser pagadas con nova culpa e nova violencia, o terror non ten fin. Sin Razón, porque o pasado do que quixera fuxir aínda está sumamente vivo. O nacionalsocialismo sobrevive, e ata o de agora, non sabemos se só coma mero fantasma do que foi tan monstruoso, ou porque non chegou a morrer, ou se a disposición ao indescriptible sigue latexando tanto nos homes coma nas circunstancias que os rodean".

Sigo pasando páxinas cara adiante, e observo unhas liñas subraiadas a lapis :

-"O pasado só será superado o día en que as causas do ocorrido sexan eliminadas. E se o seu feitizo todavía non se rompeu ata hoxe, é porque as causas aínda siguen vivas.


No hay comentarios:

Publicar un comentario